14 de mar. de 2012

As empresas de Telemárketing comezan a aplicar a nova reforma laboral














Por se non chegase co ERE que pretende facer a empresa Sykes na Coruña, do cal xa vos viñemos informando, agora tamén se apunta ao carro de aplicar a nova reforma laboral a empresa de Telemarkéting ATENTO na Coruña.

O pasado 12 de marzo a empresa reuniu ao Comité de Empresa para comunicarlles que, a 180 traballadores e traballadoras da campaña de ADSL, con contrato a tempo parcial, aplicaráselles unha reducción de xornada en funcion das horas de contrato que teñan. A empresa alega que a adopción desta medida é debida a un importante descenso no número de chamadas.

Na reunión, a empresa asinou coa maioría do Comité de Empresa (CCOO e UGT) a apertura dun período de consultas coa finalidade de rematalo aplicando unha modificación substancial das condicións laborais segundo o Artigo 41 do Estatuto dos Traballadores. Este período de consultas remataría o día 26 de marzo, e unha vez rematado, a empresa comunicará individualmente a cada traballador e traballadora esta modificación, que será efectiva 7 días despois.

A Sección Sindical da CIG en Atento denunciou ante á empresa á adopción de tales medidas na campaña de ADLS cando, dende hai 6 meses, estase contratando novo persoal para a campaña de Pymes. A empresa ante isto indicou literalmente que: "Os e as traballadores/as de ADSL non dan o perfil de Pymes", importándolle moi pouco reducir o mísero salario, mentres contrata a xente da rúa para Pymes. Ademais tamén se preguntou á empresa se nos centros de Perú e Bucaramanga (Colombia) tamén se van aplicar estas medidas ao que non contestou de xeito claro, polo que podemos deducir que non.

Nun informe realizado sobre o sector do Call Center en España os datos confirman que o noso sector non está afectado pola crise, e que as perspectivas que hai son de crecemento, dun 2% para o 2012 e dun 4% para o 2013.

Está demostrado que as empresas do noso sector agardaban con moita expectación a nova reforma laboral do Goberno do PP para poder fexibilizar, aínda máis se cabe, as nosas xa precarias condicións laborais. Por todo isto é importante que todas e todos participemos e nos mobilicemos contra a patronal e o goberno acudindo a FOLGA XERAL do 29 de MARZO!!!!




Ningún comentario: