11 de out. de 2011

Nun momento de emerxencia social o traballo deslocalizado debe volver

A patronal das empresas de telemárketing ACCE, fixo onte unha nova proposta que resulta totalmente inasumible e que pasamos a resumirvos:

Proposta ACCE

Vixencia: 3 anos (2010-2011-2012).

Suba salarial: Desvincular a suba dos salarios do incremento do custe da vida (IPC).

Ano

Suba Proposta

IPC

Perda Salarial

2010

0,00%

3,00%

-3,00%

2011

1,50%

3,1% a setembro

-1,60%

2012

1,50%

----

----

Despedimentos colectivos (artigo 17): Malia que a petición de CCOO e UGT a patronal quedou na reunión anterior en facer unha proposta para poder despedir tamén ao persoal indefinido a través deste artigo, é dicir sen garantías. ACCE viu á reunión coas mans baleiras.

Novamente quedaron en facer unha proposta por escrito que nos remitiran antes do día 10 de novembro, data na que se reunirá de novo a mesa negociadora (dentro dun mes o que demostra a falta de interese da patronal por chegar a un acordo).

Posición da CIG

A patronal está conseguindo marcar os tempos da negociación e os contidos, xa non se fala mais que daquelas cuestións nas que teñen interese as empresas: recortar salarios e facilitar aínda mais os despedimentos.

O telemárketing non está en crise, cada vez un maior número de empresas principais deciden subcontratar a través de contact center para abaratar custes o que xera novas campañas. Outra cuestión é que moitas rematan deslocalizadas fora do Estado nun momento no que o paro acada cotas de autentica emerxencia social. Esiximos ás empresas de telemárketing que deixen de levarse o traballo a América ou África, cando na Galiza hai 232.918 persoas no paro.

Si as empresas principais e as contratas de telemárketing teiman en manter deslocalizados mais de 25.000 postos de traballo, estaran demostrando que son inimigas da sociedade, eles saberan a que queren enfrontarse. A deslocalización é unha traizón a todos os pobos do Estado Español.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estes so aprenderán cunha folga indefinida.

Dende BCC Helpdesk FOLGA INDEFINIDA XA!