Os coachings son unha ferramenta que serve para avaliar a calidade do noso traballo e, en teoría, para axudarnos a mellorar no noso trabalo diario. Pero tamén temos que ter en conta que e unha ferramenta que serve á empresa para medir a nosa produtividade laboral e polo tanto unha información que queda arquivada sempre nos nosos expedientes.
Polo tanto sempre que nos entreguen un coaching é moi importante ter en conta o seguinte:
Un coaching ter que ser entregado e realizado sempre polo teu responsable, (coordinador/a ou supervisor/a), ou por unha persoa do departamento de calidade ou formación.
Os coachings son persoais e privados e polo tanto teñen que ser entregados nun lugar axeitado ao efecto. Non é correcto revisar un coaching durante unha chamada nin no medio da plataforma ao carón dos teus compañeiros e compañeiras.
Revisa sempre a data de cando foi realizado o coaching e sempre indica por escrito a data na que te fan entrega do mesmo. Cando nos entregan un coaching de fai dous meses ou incluso anterior é bastante difícil facer memoria para poder recordar a chamada, incidencia ou caso en cuestión, e poder rebater os puntos valorados.
Lembra que hai un recadro reservado para as “observacións do traballador/a” e no que debes indicar todo co que non esteas conforme. Tes dereito a deixar constancia por escrito tamén as túas consideracións xa que o coaching é unha ferramenta para mellorar o traballo de todos e todas.
Cando vaias a asinar o coaching se non estás conforme co resultado, e unha vez feitas as alegacións oportunas no recadro de “observacións do traballador/a”, podes asinar como NON CONFORME.
Ao rematar o coaching teñen que facerte entrega dunha copia do definitivo onde aparezan tamén reflectidas as túas observacións e comentarios.
É importante ter todos estes puntos en conta á hora de recibir un coaching xa que reflexa, ademais da calidade do noso traballo, a nosa produtividade laboral algo que á empresa sempre vai a ter moi en conta.
Se tedes algunha dúbida máis con respecto aos coachings, ou calquera outra cuestión de dereitos laborais os delegados e delegadas da CIG estamos a vosa disposición para axudarvos ou se o preferides remitilas ao correo cigbosch@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario