28/07/2011

Inspección de traballo ratifica que a antigüidade é a do primeiro contrato

Como xa sabedes a nosa empresa o mes pasado decidiu volver a realizar pases de persoal de ETT a empresa, continuando así o proceso que comezou tras as reivindicacións dos traballadores e traballadoras que transmitimos a través desta Sección Sindical.

A sorpresa foi que desta vez a empresa tiña un interese esaxerado en que os traballadores e traballadoras asinasen a baixa voluntaria na ETT previamente á sinatura do contrato con Bosch, polo que ao final se obrigaba a o persoal a asinar unha baixa “voluntaria”.

Ante esta nova actitude caciquil da empresa, dende esta Sección Sindical presentamos unha nova denuncia contra a empresa na Inspección de Traballo xa que entendíamos que, a intención da empresa coa sinatura desta baixa voluntaria é que o persoal non conserve a antigüidade que ten o traballador/a no posto de traballo e así non ter incluír a este persoal dentro dos procesos de conversión a indefinidos.

Como non podía ser doutro xeito, Inspección de Traballo deunos a razón e requiriulle á empresa que a data de antigüidade dos traballadores e traballadoras é a que corresponde á data do primeiro contrato, sexa por ETT ou a través de contratación directa de Bosch, incluso se hai asinada polo medio unha baixa voluntaria. Ademais o feito de asinar a baixa voluntaria non exclúe ao traballador/a do proceso de conversión do seu contrato en indefinido segundo estipula o Estatuto dos Traballadores.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

E que pasa cos empregados que xa firmamos con anterioridade o contrato con Bosch e a consecuente baixa na ETT?
Debemos facer algo? Porque se supon que Bosch non recoñecerá a antiguidade de non ser previa denuncia.

Cig Bosch dixo...

No momento no que finalice a relación laboral con Bosch, se dase o caso de que esta non recoñecera a antigüidade correcta no finiquito, será cando haberá que cursar a demanda correspondente no xulgado.

Cig Bosch dixo...

No momento no que finalice a relación laboral con Bosch, se dase o caso de que esta non recoñecera a antigüidade correcta no finiquito, será cando haberá que cursar a demanda correspondente no xulgado.

Anónimo dixo...

E non sería bo instar á empresa a que actualice as datas de antiguidade para non ter que cursar demandas no caso de despedimentos?

(sei que a empresa non o fará de motu propio, pero alomenos por parte do sindicato estaría feito o traballo)