Durante 15 meses a negociación do Convenio foi bloqueada pola patronal, e nós insistimos, por pasiva e por activa, na necesidade de mobilizar ao sector, e convocamos folgas, asembleas e mobilizacións.
Non é a primeira vez que a patronal opta por unha posición pechada, a diferenza estriba en que, noutros procesos de negociación, os sindicatos fomos capaces de aparcar as diferenzas e traballar de xeito unitario, para impulsar mobilizacións coa forza suficiente para mover ás empresas.
A día de hoxe hai convocados paros de 15 minutos, unha proposta que non mancará ás empresas e que, polo tanto, terán pouca incidencia para conseguir mover á patronal. Ao que hai que engadir que algunha Sección Sindical dalgún sindicato convocante, nunha empresa en Galiza xa anunciou que non apoiará os paros.
Un paro ou unha folga é unha xornada reivindicativa e de loita, non 15 minutos para tomar café ou botar un “pitillo”.
A CIG non apoia estes paros, convocados para non se sabe que, xa que os atrasos que din que reclaman non son os que están pedindo na mesa. Nos vindeiros días continuaremos coas mobilizacións propias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario