25 de mar. de 2011

Paros de 1 hora O 30 de marzo e 4 e 13 de abril

O que está pasando na negociación colectiva do noso Convenio, bloqueado despois de 15 meses de negociación, é unha mostra da podremia absoluta do marco estatal de negociación colectiva.

Como xa dixemos, era de prever unha negociación dura: dura é a posición das distintas empresas no día a día e dura foi a posición patronal negándose a aplicar a suba salarial do ano 2009.

Primeiro, agardaron de xeito oportunista pola reforma laboral, unha reforma que queren traer ao Convenio alongando os prazos dos contratos temporais, e incluíndo un despido barato e doado do persoal indefinido.

Agora, queren agardar polo resultado (que sen dúbida será beneficioso para as empresas) da reforma da negociación colectiva que CEOE, CCOO e UGT negocian en Madrid.

A CIG deu resposta á reforma laboral e das pensións, daremos resposta á reforma da negociación colectiva e debemos dar unha resposta á situación do noso Convenio.

Por isto temos convocados os seguintes paros de 1 hora de duración:



DÍA

Quenda de NOITE

Quenda de MAÑÁ

Quenda de TARDE

30 marzo

00:00 a 1:00

12:00 a 13:00

18:00 ás 19:00

4 abril

00:00 a 1:00

12:00 a 13:00

18:00 ás 19:00

13 abril

00:00 a 1:00

12:00 a 13:00

18:00 ás 19:00

Cara ao día 30 de marzo consideramos importante que participedes concentrándovos cando a nós diante dos centros de traballo. Non é unha xornada festiva, nin de relax, é unha xornada para reivindicar o dereito a negociar unhas condicións dignas de traballo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Y si en vez de andar con parones, post en los blog y la empresa dice... ahora quiere ..... No se genera una buena denuncia por lo laboral por impagos a los trabajadores y prohibicion por ejercer nuestro derecho de renovar el convenio ?¿?. Que la ciga redacte un escrito para que los trabajadores lo firmen y proceder a la denuncia colectiva, si no se acepta una demanda colectva, que se use como modo de presion a la patrona.