30/11/2010

Permiso Hospitalización: asinamos un acordo sectorial

O pasado día 29 de novembro tivo lugar no SIMA (Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe) en Madrid, un acto de mediación no que conseguimos un acordo para todo o sector.

Dito acto, é o paso previo a presentación dun Conflito Colectivo para conseguir o recoñecemento do dereito á utilización do permiso remunerado de tres días por accidente, enfermidade grave u hospitalización de familiar, con independencia de que dito familiar xa recibira a alta hospitalaria.

Outros sindicatos xa comunicaron o contido da sentenza do Tribunal Supremo de 21 de setembro, recurso 84/2009, referida á empresa Atento.

Finalmente no citado acto no SIMA, a patronal ACCE (Asociación Contact Center Española) e todos os sindicatos, incluído a CIG, asinamos un acordo para que a citada sentenza sexa de aplicación en todo o sector de Telemárketing.

Ningún comentario: