Resumo da negociación do Convenio en Madrid. |
A patronal falou por fin das súas propostas para pechar un acordo o máis rápido posible, mentres propón a vindeira reunión para o 17 de xaneiro de 2011.
As súas propostas non teñen desperdicio. En materia de salarios propoñen que non subilos a principio de cada ano, que se faga a posteriorí, mentres en materia de contratación queren simplificar os despedimentos de fixos e temporais.
Salarios, proposta patronal
Din que non están dispostos a volver a firmar unha suba salarial ligada ao IPC previsto. Propoñen, en consonancia, que os salarios non suban a principio de ano, que se paguen atrasos unha vez vencido o ano cando se coñeza o IPC definitivo do ano anterior.
A modo de exemplo, a suba correspondente ao 2011 cobraríase como atrasos no 2012 cando se publicase o IPC definitivo.
Proposta CIG: Defendemos unha suba lineal de 540 euros para todo o persoal correspondente ao ano 2010.
Contratación, proposta patronal
Subir indefinidos ao 50%. A cambio, o despedimento do persoal temporal e indefinido podería realizarse, en aplicación do artigo 17, coa única proba documental dun certificado do cliente da baixada do volume de traballo.
Con ese novo artigo o despedimento do persoal indefinido sería a través dun ERE, que sería solicitado á Comisión Paritaria para que elaborase un informe vinculante para todos os Comités de todas as empresas.
Se o número de despedimentos non chegase ao preciso para considerarse colectivo, estes terían a consideración de obxectivos; ACCE di que está disposta a falar dunha indemnización de 20-25 días por ano traballado.
Pero non queda aí, xa que en relación aos contratos temporais queren ampliar os novos contratos por Obra que se realicen ata os 4 anos (coa reforma laboral os novos contratos considéranse indefinidos aos 3 anos).
Queren modificar o artigo 18, para que en caso de subrogación, a obriga de contratar ao persoal que viña prestando servizo na anterior empresa de telemárketing baixe ao 50%.
Proposta CIG: Como no resto de sectores os contratos serán indefinidos, regulando e limitando as distintas modalidades temporais atendendo á causalidade. Despois dos anos transcorridos, o telemárketing é un sector consolidado e non caben máis excepcións a favor das empresas.
Para rematar, despois de “estirarse” nas súas propostas, queren estirar a negociación, aprazando a seguinte reunión para o vindeiro 17 de xaneiro.
1 comentario:
E o goberno tamen nos cobrará a subida de impostos correspondentes o 2011 no ano 2012 ???
Publicar un comentario