Tal e como xa viñeramos anunciando dende febreiro finalmente a dirección da empresa comunicou o remate da campaña de CAC de Tele2 en Bosch.
A cantidade total de persoas afectadas é de 57, 56 de plantilla de Bosch e unha persoa de ETT. Dentro do persoal afectado a empresa reubicará a un total de 40 persoas nos proxectos de Provisión para Vodafone e Vueling.
Na primeira reunión anunciaron que serían 20 as persoas despedidas, dende o primero momento dende a CIG defendimos a reubicación de todo o persoal. Finalmente hoxe comunicaron que serán 17 as persoas despedidas e que esta cifra é inamovible.
Nos non asumimos nin un só despedimento, conscientes ademais de que Vodafone non remata de ofrecer este servizo á clientela, pero a través doutra empresa de telemárketing en Valladolid. Por que Bosch/Vodafone despedirán a 17 persoas en Galiza levándose o traballo para unha empresa que recibe subvencións da Junta de Castilla León.
Propuxemos tamén que naqueles casos nos que o persoal non quixera a reubicación eses postos se cubrisen coas persoas afectadas pola finalización. Sobre este punto a empresa informou que o listado de finalizacións de obra era inamovible e que si alguén rexeita a reubicación incrementarase o número de despedimentos. Como di o refrán queren “aprovechar que el Pisuerga pasa por Valladolid” para desfacerse do persoal.
Tamén queremos recordar a todas as persoas afectadas que non asinen ningunha documentación sen habela lido toda e con atención, especialmente as cláusulas en novos contratos, e en caso de dúbidas poñer “recibín e non conforme” coa data e a hora na que se asina, ademais de solicitar unha copia de todo o que se asine.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós a través do correo cigbosch@gmail.com ou dirixirvos a calquera dos nosos delgados/as
Ningún comentario:
Publicar un comentario