Reunida a mesa negociadora do Convenio Colectitivo Estatal de Contact Center (telemárketing) as empresas anunciaron que:
- Queren aplicar a contrarreforma laboral en todos os apartados e polo tanto piden ampliar no Convenio os prazos máximos previstos para os contratos por Obra ou Servizo.
- Propoñen deixar a negociación ata o mes de setembro. Daquelas nas reunións leríamos artigo por artigo para mirar que propón cada quen.
- Un dos puntos que queren modificar no texto do Convenio é o relativo ás pausas PVD, para eliminar os efectos da recente sentenza do Tribunal Supremo que recoñece unha pausa por hora traballada.
Todos e todas deberemos facer fronte a unha contrarreforma laboral que nos afecta gravemente: abarata e facilita os despedimentos; subvenciona con diñeiro público os despedimentos improcedentes (é dicir inxustos!!); e digan o que digan non pon coto á temporalidade. Por outra banda amplia as posiblidades para que as empresas se descolguen e deixen de aplicar os Convenios e ademais lles facilita un amplo abano de medidas por causas técnicas e organizativas.
Si a estas medidas do goberno central, lle sumamos a complicidade da Consellería de Traballo, temos un difícil panorama no sector. No caso de Sykes a Consellería do PP aprobou como xustificación dun ERE´s (é dicir despedir ao persoal indefinido) o remate dun contrato mercantil e a deslocalización dos servizos cara a outro país.
O 29 de setembro a CIG convocará unha FOLGA XERAL na que estamos chamados a participar. No noso sector, xa de por si precario, as últimas medidas gobernamentais precarizan as nosas condicións e fortalecen á empresas que non agochan a súa satisfacción e prepotencia.
Pero mais ala da FOLGA XERAL en telemárketing é precisa unha resposta inmediata que trataremos de acordar co resto das forzas sindicais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario