Bosch utiliza as ETT´s para non cumprir o Convenio en aspectos esenciais abaratando e facilitando os despedimentos. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de darnos a razón, xusto no momento en que estanse celebrando novos xuízos por despedimentos de ETT.
A empresa despediu en numerosas ocasións a persoal de ETT alegando “fin de obra” ou “baixada de traballo nas campañas”. Entendían que como o persoal non estaba contratado directamente por Bosch non tiñan que demostrar nada.
A sentenza do TSXG ratificou que os despedimentos de persoal de Ader eran improcedentes, toda vez que non se demostraron os feitos alegados.
Pero estes mesmos días estamos chegando a acordos coas distintas ETT, recoñecendo a improcedencia dos últimos despedimentos e pactando a correspondente indemnización. Conseguimos acordos de indemnizacións de ata 4.300 e 7.000 euros para ETT despedidas. Neste senso insistirlle ao persoal que non debe dar por bo ningún despido.
Entendemos que a sentenza do máximo Tribunal galego debería facer que Bosch reconsidere a súa política de despedimentos de ETT. Pero moito nos tememos que xa este buscando un subterfuxio legal engadindo cláusulas nos contratos de traballo que deixarían novamente ao persoal totalmente indefenso. Nese sentido a nosa recomendación ao persoal é que non se asinen cláusulas ligadas a obxectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario