Na reunión do 7 de maio abordamos todo o relativo a Saúde Laboral; pasamos a relatarvos as distintas posicións sobre as cuestións faladas.
Non podemos considerar a saúde laboral unha cuestión menor, nomeadamente polos riscos psicosociais do noso traballo que desembocan nun gran número de baixas por enfermidades (estrés, depresión, ansiedade, etc.). No telemárketing non caemos do andamio, pero estamos expostas/os a unha gran carga mental, tanto pola atención á clientela como polos ritmos de traballo e as precarias condicións laborais.
Patronal
Queren especificar o número de pausas PVD para cada tipo de xornada; propoñen rebaixar as pausas PVD a razón de 6 por cada 8 horas de traballo. Din que non comparten a sentenza que perderon na Audiencia Nacional, que establece que o tempo de descanso é tempo de traballo efectivo, polo que por cada hora de traballo corresponde unha pausa.
CIG
1. A lexislación recomenda que as pausas PVD sexan de 10 minutos, mentres que o actual convenio establece pausas de 5 minutos.
Dende a CIG defendemos a ampliación das pausas a 7 minutos. Loxicamente defendemos manter unha pausa PVD por hora traballada. As pausas teñen como fin a protección da nosa saúde, polo que non cabe a posición da patronal pretendendo recortar custes a costa da nosa saúde.
2. Establecer que o tempo entre chamadas non poda ser inferior a 50 segundos, tanto para emisión como para recepción.
3. Que a representación dos traballadores e traballadoras poda rexeitar a Mutua elixida pola empresa, xa que temos detectado numerosos abusos por parte dalgunhas mutuas.
4. Implantar a obriga por parte das empresas de subscribir unha póliza de seguros de accidentes (tanto laboral como común), durante as 24 horas do día, que cubra os riscos de morte, invalidez permanente absoluta ou total, así como a gran invalidez, por unha contía de 20.000 euros.
A reunión non deu máis de si, xa que a patronal non deu contestación ás reivindicacións sindicais.
A vindeira será o 21 de maio na que toca Igualdade, Protección da maternidade e Formación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario