19 de maio de 2010

Noraboa ás compañeiras de CIG en Unísono CRM Vigo


Onte houbo eleccións sindicais en Unísono Vigo, as nosas compañeiras da Sección Sindical da CIG en Unísono gañaron as eleccións, con 222 votos e 9 delegados/as convertese na primeira forza na empresa de telemarketing Unísono CRM en Vigo.

A candidatura da CIG con 222 votos obtivo 9 delegados/as, CGT (ata estas eleccións primeira forza) sumou 156 votos e 6 delegados, CCOO tivo 110 votos e 5 representantes e por último a UGT tivo 77 votos e 3 delegadas.

A CIG entrou en Unísono nas primeiras eleccións sindicais fai catro anos con 49 votos longrando 2 delegadas de 9. Posteriormente en maio de 2007 houbo novas eleccións por ampliación do Comité en 4 delegadas, conseguiu a CIG 53 votos e 1 delegada, polo que o resultado actual é un salto cualitativo e cuantitativo tanto en número de votos como en representación.

Este resultado é un espaldarazo ao traballo desenvolvido pola CIG en Unísono e no sector de telemárketing onde a CIG medrou ata o de agora en todos os procesos electorais. En Vigo xa somos 21 delegados/as entre Bosch e Unísono.

Ningún comentario: