28 de maio de 2010

Prestación anual 2010 por filla/o menor a cargo

Persoas beneficiarias:
  • Persoas que teñan ao seu cargo menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2010 (con data de nacemento entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008 nin elas nin ningún dos/as membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF.
  • No caso de crianzas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2008 e o 31 de decembro de 2009, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as.
  • Persoas estranxeiras que residan en Galiza, sempre que cumpran as condicións da Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros/as e a súa integración social e os requisitos establecidos na presente norma, e tiveran a condición de contribuíntes.
»Quedan excluídas:
  • As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2008 os 22.000 €, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.
  • Pais e nais privadas da patria potestade ou se a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.
■ Requisitos:
  • Residencia habitual en Galiza.
  • Que na data da solicitude as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante.
■ Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo.

■ Documentación:
1.-Novas solicitudes:
- Anexo I.
- Fotocopia do libro de familia ou certificación literal do Rexistro Civil do nacemento de cada crianza.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
- Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
- Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial.
- Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que conste o número de conta onde ingresar a axuda e conste como titular a persoa solicitante. No caso de non dispor de cartilla poderase presentar unha certificación bancaria.
- Declaración conxunta de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo fin (anexo II).

A presentación da solicitude comportará:
-Autorización para consulta de dados de documentación nacional de identidade de solicitante e cónxuxe.
-Autorización para consulta dados de carácter tributario. Neste caso será precisa a autorización de cónxuxe por medio de sinatura de anexo II.
2.-Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias:
Para persoas que recibiron esta axuda no ano 2009, e non teñan solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo fin, so terán que presentar o anexo I, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación. Neste caso poderá obterse a solicitude debidamente cuberta no enderezo: www.xunta.es/aplicacions/pfc.

Aquelas solicitudes que se presenten eliminando delas algún dos proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental correspondente: Copia da sentenza de separación ou nulidade, certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar, certificado de defunción.

■ Lugar de presentación:

-Vía escrita: nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
-Vía telemática: cando se dispoña de certificado dixital, poderá accederse a esta vía a través da aplicación: www.xunta.es/aplicacions/pfc.

Prazo de presentación:
40 días naturais contados a partir do 11 de maio de 2010.


Dirixídevos ás vosas delegadas e delegados da CIG para facilitarvos os formularios de solicitude e anexos que deberedes cubrir se estades interesados/as en solicitar esta prestación.

Ningún comentario: