1 de mar. de 2010

Folga o 10 de marzo

Como todos e todas sabedes a convocatoria da anterior xornada de folga foi aprobada en asembleas e tiña como obxectivo sentar a Bosch a negociar unha plataforma aprobada polo persoal e para defender os nosos postos de traballo, nomeadamente os da campaña de Vodafone afectados pola deslocalización. Na folga do día 15 de febreiro coincidimos co persoal de Sykes, empresa na que xa hai despedimentos do persoal temporal pero tamén do persoal fixo.

Vodafone anunciou a todas as empresas de telemárketing que está nun reaxuste interno e que facilitará datos da carga de traballo que quedará no estado se saberá o 31 de marzo, precisamente a data de remate de varias campañas.

Bosch mantivo unha reunión co cliente e quedaron en confirmar a posición de Vodafone, a calada por resposta nos confirma o pior.

A Conselleria de Traballo quedou en falar con Vodafone, a día de hoxe non confirmou tampouco a posición de Vodafone, a Xunta de Galicia non se quere pringar.

A Inspección de Traballo ofertouse para mediar entre as partes, a CIG confirmou a súa vontade negociadora, pero a reunión non foi posible entendemos que faiou a terceira pata nesa negociación: Bosch.

A situación xeral non se viu modificada, en todo caso empeorou, e nas asembleas anteriores quedou claro que si non había negociación convocaríamos unha nova xornada de folga. Pois a folga está convocada para o vindeiro día 10 de marzo, unha data simbólica.

Pd. Ese mesmo día coincidiremos cunha folga no metal en vigo, polo que teremos que confirmar o lugar e horas das concentracións.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

AVANTE COA FOLGA!!!!

Debedes de darlle máis importancia ás reivindicacions de departamentos como Helpdesk TESA e Helpdesk Proxectos.

A xente está descontenta con que somentes se dea importancia ao tema de Vodafone (que oviamente é importante).
Pero Bosch ten cartos e debe darlle a cada un o que lle corresponde.

Avante coa folga ata que BOSCH ceda!!

Non vos quededes únicamente no tema de Vodafone, por favor. Hai moita xente descontenta por ese tema.

Un saudo e a seguir!

LuPi LuKe dixo...

Non contar comigo...