Como todos e todas sabedes Bosch foi a única empresa do estado que non abonou o anticipo da suba salarial do ano pasado, malia a existencia dunha sentenza clara da Audiencia Nacional no mes de xuño de 2009 que obrigaba a pagarnos o 2,25%. Sentenza recorrida pola patronal.
Dende a CIG solicitamos insistentemente que se abonase ese anticipo como no resto das empresas, como sempre Bosch calou e non contestou.
Un dos motivos das convocatorias de folga era precisamente a falta de actualización dos salarios por parte de Bosch . Que agora digan que abonan a actualización para “evitar que los trabajadores sean los perjudicados” é un cachondeo.
E lamentable que os traballadores e traballadoras de Bosch teñamos que ir a folga para conseguir o que xa tiveron no resto das empresas o ano pasado. En todo caso grazas a folga do día 15 de febreiro conseguimos que Bosch nos pague o que nos debía, o que xa era noso.
De todos os xeitos o pasado día 23 de febreiro celebrouse na Audiencia Nacional un xuízo por un conflito colectivo que nos apoiamos, para que se execute a sentenza e nos abonen o 2,25% tal e como establecía o Convenio e recoñeceu a sentenza anterior da Audiencia Nacional, non o 1,25%. Estamos a espera de sentenza.
Agardamos que coa folga do 10 de marzo a empresa continúe dando pasos e que chegue a pagarnos o 2,25%; que recoñeza as categorías do persoal; que dea marcha atrás na decisión de reducir xornadas; que nos explique que pasa con Vodafone e que regularice dunha vez os contratos temporais e de ETT.

PARA QUE NON NOS PAREN, PARA O 10 DE MARZO
Ningún comentario:
Publicar un comentario