Bosch e o Comité de Folga temos chegado a un acordo en aras de manter un clima de dialogo que pasamos a resumirvos:
Articularase unha mesa negociadora entre o Comité de Empresa e Bosch sobre todos e cada un dos puntos recollidos na convocatoria de folga.
En caso de discrepancia ou diferenzas que fagan imposible o acordo, solicitarase a mediación do Xefe da Inspección de Traballo sobre ese punto.
Por parte da empresa adquírese tamén o compromiso de efectuar unha primeira transformación de contratos de posta a disposición a contratos por Obra directos coa empresa. A citada transformación terá como data tope o 1 de abril de 2010 e afectará a 80 persoas.
A elección do persoal que transformará o seu contrato realizarase baixo os seguintes criterios:
- Ter cando menos 12 meses de antigüidade cedido en Bosch.
- Estableceranse 100 puntos, un 50% por antigüidade; un 10% sobre a formación recibida; e un 40% sobre a valoración do desempeño. En caso de empate teranse en conta as cargas familiares.
Entendemos que estamos ante un novo escenario de negociación que agardamos se traduza en avances nas xustas reivindicacións de todos e todas e ante isto temos optado por desconvocar a folga do día 10 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario