Na reunión do 5 de marzo a patronal dixo dende o inicio que non ia falar de salarios en tanto non estivera pechada a suba salarial. Pero incidiron na necesidade de reducir custes debido a crise para contribuír ao mantemento dos postos de traballo.
Pola nosa parte contestamos que o Convenio 2007-2009 mantivo intactas as precarias condicións de traballo: baixos salarios; inconcreción nas categorías que levan a manter baixos os salarios: altas taxas de temporalidade; facilidades para os despedimentos; horarios ilimitados 24 horas 365 días ao ano; etc. O que non evitou despedimentos no estado e creación de emprego fora.
Evolución do emprego durante a aplicación do convenio anterior.

Polo tanto entendemos que a ameaza de deslocalización non se evita con recortes laborais e defendemos as medidas que reivindicamos na nosa plataforma:
Pluses
-Creación dun plus salarial de antigüidade de 50 Euros ao mes aos 5 anos de antigüidade na empresa baixo calquera modalidade de contratación.
-Que cando se traballe un sábado se perciba un recargo equivalente ao plus de domingos.
-Que o persoal con quenda partida perciba unha dieta de 7 euros ao día.
-Cobro do Plus de Idiomas cando se use un idioma cooficial da propia comunidade autónoma, actualmente pagan a quen fala galego fora de Galiza, polo que pedimos que de manter esa discriminación nos paguen o plus de idioma a nos por falar castelán en Galiza.
Festivos
-Librar o 1 e 6 de xaneiro e o 24 e 31 decembro agás nos servizos de urxencias e emerxencias.
-Cando o día de libranza coincida cun festivo, haberá que compensar ao traballador/a con outro día de libranza.
O día 16 de marzo haberá nova reunión na que falaremos de “tempo de traballo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario