A Consellería de Traballo está preocupada ante a situación creada e a Delegada Provincial decidiu convocar a Bosch para o venres día 12 ás 10 da maña co fin de coñecer o impacto real do proceso de Vodafone. A Inspección de Traballo estará presente para asesorar a Consellería dende o punto de vista legal.
Comunicarvos que Vodafone xa fixo contratos para levar as campañas do Estados Español coas seguintes empresas de telemarketing en Latino América:
Colombia: “Estategia Contact Center”; “Global Sale Solution” e “Emergia América Call Center”. En Colombia unha teleoperadora cobra 173 $.
Perú: “Global Sale Solution”. En Perú unha teleoperadora cobra 151 $.
Chile: “Unísono Chile”, “Telemárketing Golden Line”. En Chile unha teleoperadora cobra 223 $.

Non se trata de que traballemos mais, ou que esforzandonos mais Vodafone poda quedar aquí, a non ser que estemos dispostos a cobrar 120 euros ao mes.
Dicir que Bosch comunicounos uns Servizos Mínimos do 50% para a maior parte dos servizos, cando só a autoridade gobernativa pode facelo e só para servizos fundamentais (non é o caso). Non hai obriga de cumprir servizos mínimos, algo que agardamos maña a Consellería e a Inspección lle aclaren a Bosch.
Con esta medida tratan de crear incertidume ante unha folga que está legalmente convocada e na que democraticamente pode participar o persoal de Bosch e o persoal contratado a través de ETT. O dereito a folga é un dereito fundamental recollido incluso na propia constitución.
Nunha vulneración da boa fé, Bosch aproveitou que tiña reunido ao Comité de Empresa e non había delegadas na platafora para comunicar o fin de campaña de Orange-Empresas a persoal. Suma e segue.
Temos posto en coñecemento da autoridade laboal estas cuestións, así como outras medidas anti-sindicais (recollidas de sinaturas contra a folga por parte de mandos da empresa, etc). Cuestións que poden ser un delito por tratar de impedir o libre exercicio dun dereito fundamental como é a folga.
En todo caso as novidades que hai son negativas, polo que mantemos a convocatoria da folga para o día 15 de febreiro.
Solicitarvos a todas aquelas persoas que exerzades o voso dereito democraticamente que botedes unha man dende primeira hora da maña nos respectivos centros de traballo, pero que as 12:00 horas procedades a concentrarvos con nos diante de María Berdiales.
1 comentario:
Algún resultado?
Publicar un comentario