O día 9 o persoal de Sykes respostou masivamente ao noso chamamento a mobilización contra os despedimentos masivos que no seu caso afectan a Vodafone, pero tamén a campaña do 1004. O vindeiro día 15 o persoal das dúas empresas converxeremos nun conflito polo mantemento dos postos de traballo fronte a deslocalización e no noso caso tamén para que Bosch se sente a negociar unha mellora nas nosas condicións laborais.
O mesmo día 9 Bosch recoñeceu tanto na reunión co Comité, como nunha carta interna ao persoal que non saben que vai ser da campaña de Vodafone, pero que ese cliente pretende reducir o volúme dos servizos no estado español e que unha das opcións é utilizar plataformas en Latino América. Dixo tamén que o contrato mercantil de CAC_REC TELE-2 ten como data de remate o 31 de marzo de 2010, algo que non afecta as persoas fixas que traballan nesa campaña pero si ao resto.
Pero é falso que houbera avances reais na negociación entre Bosch e o Comité de Empresa, nin que tiveramos acordos en ningunha das xustas reivindicacións que presentamos, alongando a empresa a negociación sine die.
No noso blog en internet podedes consultar as autorizacións internacionais de datos concedidas a Vodafone para trasladar o noso traballo a 6 empresas de Latino América. Son enlaces á propia páxina da AEPD do Ministerio de Xustiza, as cousas claras.
Temos ata final de marzo para intentar salvar os postos de traballo, involucrando a administración galega e española para que non permitan que Vodafone e Bosch nos deixen na rúa. Coa convocatoria das mobilizacións, paros e folga estamos dando pasos nese sentido.
O vindeiro día 17 de febreiro seremos recibidos pola Consellería de Traballo en Santiago e xa está efectuada a pregunta ao goberno central no parlamento español.
Nas campañas de Vodafone eramos 891 persoas traballando en Bosch Vigo, dende o venres 52 menos. Si perdemos o posto de traballo mal poderemos negociar melloras,pero queremos traballar en Europa con condicións de traballo europeas, non rebaixar as condicións para traballar coas condicións de Perú ou Colombia, a saída que propón Bosch.
PARA QUE NON NOS MANDEN AO PARO: PARA O 15 DE FEBREIRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario