Como xa vos comunicamos instamos á empresa a poñer en marcha o proceso anual de transformación de contratos indefinidos.
A empresa respondeu facilitando unha información ao Comité de Empresa sobre o número de contratos a transformar, que segundo eles serían 55.
Mantemos discrepancias en canto ao número, entre outras cuestións non teñen en consideración os contratos de posta a disposición (feito que deu lugar o ano pasado á presentación dun conflito colectivo estando anunciado recurso ante o Tribunal Supremo). En todo caso dende a CIG fixemos unha proposta nos seguintes termos:
- Que se computen para este proceso os contratos de operacións de posta a disposición. Mantendo a discrepancia en canto ao número de contratos.
- Que só se inclúan os contratos con mais de 12 meses de antigüidade na empresa, conforme o establecido no Convenio.
- Computar 10 puntos repartidos do seguinte xeito: 5 puntos por antigüidade; 1 sobre a formación recibida e 4 sobre a valoración do desempeño.
- Propoñemos que os cinco puntos correspondentes á antigüidade se apliquen segundo a seguinte escala: persoal 2005, 5 puntos; persoal 2006, 4 puntos; persoal primeiro semestre 2007, 3 puntos; persoal segundo semestre 2007, 2 puntos; persoal ano 2008 (ata 31/3/2008) 1 punto.
- Propoñemos asignar os 4 puntos sobre valoración do desempeño, segundo a seguinte escala: persoal con coachings medios 80-100%, 4 puntos; persoal con coachings medios 70 e 80%, 3 puntos; persoal con coachings medios 60 e 70%, 2 puntos; persoal con coachings medios 50 e 60% 1 punto.
- Por último en caso de empate na puntuación, propoñemos que teña en conta as persoas mais antigas na empresa e en caso de persistir o empate as persoas con cargas familiares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario