Ao longo do último mes temos constancia de varias agresións e intentos de agresións a compañeiras da Avenida de Madrid, tanto á saída como á entrada do centro de traballo. A última foi unha agresión sexual. Non hai que alarmarse, pero si tomar unha medidas mínimas de seguridade.
Ante esta situación puxémonos en contacto coa Subdelegación do Goberno para solicitar un reforzo na vixilancia por parte da Policía Nacional. Ase mesmo entramos en contacto co Concello de Vigo para que a Policía Local tamén extreme a vixilancia.
Tamén somos conscientes da situación, por agora molesta, en María Berdiales, nomeadamente para as compañeiras que entran na quenda das 8 da maña o fin de semana, coincidindo co peche dos locais situados no centro da cidade.
En todo caso son importantes as seguintes recomendacións de autoprotección:
- Procurade ir en grupo tanto a saída como a entrada, evitando ir solas.
- As compañeiras que vos despracedes dende o centro de Vigo tratade de facelo pola Avenida de Madrid do mesmo lado que as instalacións de Bosch. Evitade a carreteira provincial ou rúas semellantes. Solicitamos que o reforzo policial se concentre na Avenida de Madrid.
- Dentro do posible procurade non repetir itinerarios.
- Procurade levar o móbil a man, para dar sinal ante calquera problema.
- Si vedes calquera movemento sospeitoso (atención ás furgonetas) non dubidedes en chamar á recepción da empresa ou á policía.
- Calquera intento de atraco, agresión ou secuestro debe ser denunciado, para contribuír a deter aos culpables evitando a sensación de impunidade e para que as autoridades tomen maior conciencia do problema.
Da empresa agardamos que incremente a presenza dos vixilantes, e que saían a rúa para facer patente a súa presenza. Tamén que teña en conta esta problemática a hora de facer valer a necesidade de chegar puntuais, sobre todo ás primeiras horas da maña e os fines de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario