30 de xan. de 2009

Canto nos quere quitar a patronal da carteira



A patronal de telemárketing ACCE, anunciou que non quere aplicar a suba salarial pactada no artigo 45 do Convenio Colectivo de Contact Center , que era o IPC previsto (2%) mais o 0,25%.

A patronal de telemárketing non tivo ningún inconvinte en ligar a suba salarial a este indicador e historicamente sempre o aplicaron sen problema. Este cambio de posición só responde a unha estratexia que busca aprazar a actualización dos nosos salarios utilizando un subterfuxio legal.

Durante a negociación do Convenio dende a CIG defendemos unha suba lineal, rexeitamos asociar os salarios ao IPC, por considerar que é un indicador manipulado que non recolle a suba real do custe da vida. Si se aplicasen as nosas propostas agora non teríamos ningún problema.

Cando coñecemos a decisión da patronal solicitamos a Bosch que actualizara os salarios, algunhas empresas dixeron que si, Bosch novamente e na súa liña dixo que non..

En todo caso pensamos que os sindicatos do sector de telemárketing debemos dar unha resposta conxunta ás empresas coa convocatoria inmediata dunha folga en todo o Estado, para exixir que nos paguen o que é noso.

Importes que as empresas pretenden deixar de pagarnos pola cara:

Coordinadora/nivel 8 327 euros; Xestora/nivel 9 315 euros; Teleoperadora especialista/nivel 10 298 euros; Teleoperadora entrada/nivel 11 285 euros.


Ese diñeiro é noso, xa esta ben utilizar subterfuxios legais para intentar socabar o que é noso.

E por si non queda claro cal é o IPC previsto podedes consultar aquí o aprobado no Consello de Ministros do pasado 9 de xaneiro.

Ningún comentario: