26 de xan. de 2009

Ampliación do Permiso de Paternidade

Dende a aprobación da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o permiso de paternidade tiña unha duración de 13 días ininterrompidos, ampliábeis en 2 días máis por cada fillo/a a partir do segundo/a, nos casos de parto, adopción ou acollemento múltiple. Esta prestación tramítase no INSS ou no ISM.

Co obxectivo de dar cumprimento ao previsto na disposición transitoria novena la Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, dende o pasado 1 de Xaneiro de 2009, a suspensión do contrato de traballo por paternidade terá unha duración de 20 días, cando o novo nacemento, adopción ou acollemento se produza nunha familia numerosa, cando a familia adquira dita condición co novo nacemento, adopción ou acollemento ou cando na familia haxa unha persoa con discapacidade. A duración indicada ampliarase en dous días máis, é dicir, 22 días, no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiple, por cada fillo/a a partir do/a segundo/a, ou se algún deles é unha persoa con discapacidade.

Esta disposición será de aplicación aos nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan ou constitúan a partir do 1 de xaneiro de 2009.

En resumo, quen pode disfrutar do permiso de paternidade de 20 días?

Poderán disfrutar do permiso de paternidade de 20 días:
  • Pais de familias numerosas: as que xa o son e as que adquiran esta condición có novo nacemento ou adopción.
  • Pais de familias con algún membro con discapacidade.
  • Pais de familias monoparentais con 2 fillos/as.

Ningún comentario: