14 de xan. de 2009

A Audiencia Nacional di que hai que cambiar o Convenio de Contact Center

Como xa anunciamos en anteriores ocasións, presentamos un Conflito Colectivo contra a empresa Bosch Comunication Center ante o que consideramos é unha aplicación interesada do artigo 14 do Convenio, que establece que só o 30% do persoal de operacións debe ter contrato indefinido.

Para calcular ese cómputo, Bosch non tiña en conta os contratos realizados a través de empresas de traballo temporal: de 1.200 persoas traballando na empresa, 600 teñen contratos de ETT.

A Sentenza 136/2008 da Audiencia Nacional desestima a nosa demanda, malia que textualmente di:

“...esta Sala comparte con los demandantes el convencimiento de que la preocupación empresarial por la estabilidad en el empleo del personal de operaciones no se materializa en el modo de calcular el 30% de la plantilla, dada la utilización más que frecuente de contratos de puesta a disposición para ocupar esos puestos”.

“En consecuencia sería necesario otro convenio en el que se limitara el recurso a las ETT, como existen en nuestro ordenamiento jurídico, o bien se redactara el art. 14 de modo que se computaran también los puestos ocupados por trabajadores de puesta a disposición...”.

Solicitabamos tamén que, para o cálculo do 30% do persoal que debe ter contrato indefinido, non se computaran os contratos indefinidos realizados pola empresa dentro da súa liberdade organizativa e sen ter en conta os baremos do Convenio. Inexplicablemente, a Sentenza non entra nesta cuestión.

Ante esta Sentenza presentaremos Recurso no Tribunal Supremo co fin de que se recoñeza o fraude na contratación, que computen os contratos de ETT para o cálculo do 30% de indefinidos, e para que se dea contestación ao resto de cuestións formuladas na demanda.

Agardamos que se imparta xustiza, impedindo que Bosch teña 600 persoas de ETT para abaratar, aínda máis, as precarias condicións laborais do Convenio de Contact Center e para minorar os escasos compromisos en materia de estabilidade que recolle este mal convenio.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Con Garzón hemos topado!!!