Tras meses de espera o vindeiro día 11 de decembro terá lugar na Audiencia Nacional a vista pola demanda que presentamos contra Bosch polo proceso de conversión en indefinidos realizado neste ano 2008.
A principios de ano había 72 persoas fixas sobre un cadro de persoal de 1.200. Dende a CIG instamos a empresa a levar adiante o proceso de transformación en indefinidos, un proceso que ao noso entender foi incompleto, pero que elevou o número de indefinidos a 150.
Cabe lembrar que o Convenio establece que só un 30% do persoal de operacións debe ter contrato indefinido, debendo realizarse no primeiro trimestre de cada ano unha transformación de contratos a indefinidos ata acadar esta porcentaxe.
Para este calculo Bosch non incluíu o numeroso persoal contratado a través de Empresas de Traballo Temporal, minorando deste xeito o número de persoas que deberían ter contrato indefinido.
Tampouco facilitou a información requirida para que puideramos facer os cálculos dos días cotizados. Pretendían que aceptásemos os seus cálculos a cegas.
Por último os criterios que se utilizaron para a transformación tampouco foron os establecidos no Convenio, polo que ante todo o exposto optamos por presentar Conflito Colectivo.
Informarémosvos puntualmente do que suceda no xuízo a espera dunha sentenza que agardamos nos dea a razón, e que obrigue a empresa a transformar novos contratos en indefinidos en Bosch-Vigo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario