Tal e como anunciamos anteriormente, fixemos unha consulta á Axencia Estatal de Protección de Datos (AEPD), relativa a exposición dos “coachings” por parte de Bosch.
Lembrar que en CAC_REC os “coachings” están colgados nas paredes, figurando en distintas cores segundo os tempos de chamada.
Na súa contestación, a Axencia Estatal de Protección de Datos considera que esta exposición pode implicar un tratamento de datos conforme ao establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal. Polo tanto a exposición debe contar co consentimento expreso dos traballadores/as e cabe o dereito a oposición.
Así, calquera persoa pode solicitar por escrito á empresa que non se expoñan os seus datos persoais, axuntando copia do DNI xunto co escrito, quedando con acuse de recibo.
Se no prazo dun mes non recibe contestación, ou esta non é satisfactoria, pode presentar reclamación ante a Axencia Estatal de Protección de Datos.
Ante esta situación (malia que a petición é individual, xa que segundo a AEPD o dereito é “persoalísimo”), solicitaremos de Bosch que retire os “coachings” expostos nos centros de traballo, xa que non conta co consentimento expreso do persoal, pode vulnerar a lexislación vixente e, polo tanto, ser motivo de sanción á empresa.
Se queres exercer o teu dereito, non dubides en poñerte en contacto con calquera delegada/o da CIG que te asesoraremos en todo momento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario