O pasado agosto o Ministro de Sanidade e Consumo anunciaba unha nova lei para o vindeiro mes de outubro que podería considerar a televenda como “spam telefónico”, esta nova lei poría en práctica a directiva comunitaria 2005/29.
O Ministerio cualificou como competencia desleal e como “spam telefónico” as chamadas ofrecendo produtos comerciais non solicitados polos clientes, anunciando posibles medidas legais contra as empresas que realicen a actividade de televenda.
Estando de acordo coa necesidade de regular a televenda, entendemos que esta lexislación pode afectar gravemente ao emprego no sector de telemárketing.
Numerosas empresas (de telecomunicacións, banca, seguros, etc.) teñen subcontratado os servizos de atención ao cliente e os servizos de televenda a través de contratas do sector do telemárketing, actualmente aproximadamente 1.000 persoas en Galiza realizan labores de televenda dende os centros de chamadas radicados na comunidade, nomeadamente na Coruña e Vigo
Por outra parte gran parte das chamadas telefónicas ofrecendo produtos de empresas españolas están sendo realizadas dende terceiros países, en especial dende América Latina. En moitos caos as diferenzas horarias estarían detrás dun gran número de chamadas realizadas en horas “intempestivas” polo que as subcontratas de telemárketing deslocalizadas en terceiros países poden ser a principal fonte do denominado “spam telefónico”.
A nova lexislación que o Ministerio de Sanidade e Consumo quere por en marcha só sería de aplicación no territorio do Estado Español, non afectaría polo tanto aos centros de chamadas establecidos en América Latina e que realizan campañas de televenda para empresas españolas. Deste xeito o “spam telefónico” podería continuar dende outros países, contribuíndo a destrución de emprego na Galiza e no resto do Estado, pero sen que a medida protexa de xeito real os dereitos dos consumidores.
Ante esta situación temos solicitado ao Ministerio de Sanidade e Consumo que inclúa á representación sindical nos contactos previos á posta en marcha da nova lei, co fin de que esta afecte na menor medida posible aos postos de traballo e garanta de xeito efectivo os dereitos dos consumidores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario