09/09/2008

185 razóns para decir non

Dende o 1 de xaneiro ata o 1 de setembro do ano pasado, 240 compañeiros e compañeiras de Bosch pasaron de ETT a contrato por Obra por empresa.

Este ano no mesmo período só 55 persoas, inexplicablemente hai quen considera un “sonoro éxito” que este ano pasen a empresa 185 persoas menos que o ano pasado nos mesmos meses.

Bosch ten entre 400 e 550 persoas contratadas por ETT, ao ritmo de 55 pases cada nove meses en 7 ou 9 anos estará resolto o problema.

Quizás haxa xente disposta a resignarse e armarse de tanta paciencia. Non é o noso caso. Non podemos agardar que nin Bosch, nin calquera outra empresa, decida eliminar a temporalidade por si solas, cada avance en materia de contratación é froito da loita sindical.

A empresa utiliza ás ETT aínda que son mais caras, a maiores do salario do convenio Bosch ten que pagar ás ETT unha comisión mensual por cada traballador cedido. Pero aforra evitando aplicar correctamente o convenio.

No conflito colectivo presentado na Audiencia Nacional solicitamos que Bosch aporte os contratos de ETT. Na demanda reclamamos mais indefinidos, pero tamén denunciamos que estamos ante un posible fraude na contratación.

E por outra parte continuamos a presentar demandas para equiparar dereitos. O próximo xuízo de demanda de ascenso a teleoperadora especialista está previsto para o 30 de setembro.

En definitiva só é posible rematar coa temporalidade por medio da loita sindical.

Pd. Os últimos días a empresa está realizando novas contratacións indefinidas, despois de que a Inspección de Traballo así o requerira ante as nosas denuncias. Noraboa ás persoas beneficiadas.

1 comentario:

Dani Rubio dixo...

Boas! eu son traballador de bosch comunication center, estoy contratado por unha ett.... Nortempo... Cales son as diferencias do meu contrato a o de outra persoa que teña un contrato coa empresa Bosch?
Non entendo moi ben as diferencias...