O vindeiro día 30 de setembro terá lugar un novo xuízo de reclamación de categoría de teleoperadora especialista (nivel salarial 10).
O Convenio di que o ascenso a teleoperador especialista se producirá automaticamente ao levar un ano prestando servizos efectivos como teleoperador ou teleoperadora de novo ingreso dentro da empresa.
Como temos denunciado en numerosas ocasións Bosch non computa o tempo prestando servizos con contrato de ETT a efectos do ascenso.
Si unha persoa traballa 9 meses por ETT e pasa a empresa, debería ascender aos 3 meses. (Mensaxe para RRHH: 9 + 3= 12, e 12 meses son 1 ano).
Pero Bosch di que non, que debe estar un ano completo por empresa para ter dereito a este ascenso.
A diferenza entre un teleoperador ou teleoperadora (nivel 11) e un teleoperador ou teleoperadora especialista (nivel 10) é de 580 euros anuais.
Tamén é certo que a empresa actúa de xeito discriminatorio, houbo xente que ascendeu antes incluso dos 12 meses, guiándose RRHH por criterios arbitrarios.
Temos claro que non estamos de acordo coa restritiva interpretación do convenio que interesadamente fai Bosch, en todo caso continuaremos coas reclamacións ata o final.

Ningún comentario:
Publicar un comentario