Estamos moi ocupadas defendendo ao persoal despedido e traballando para que a empresa cumpra o Convenio. Pero temos que perder o tempo contestando a outros sindicatos.
Por que non semella gratuíto que cada vez que defendemos ao persoal e criticamos a empresa salga un sindicato criticando á CIG, cada quen sabe en que barco está.
En relación a un comunicado de CCOO no que descualifican a nosa compañeira Laura, Presidenta do Comité de Empresa, semella incrible que se critique publicamente á Presidenta do Comité por non convocalo, cando está de baixa por enfermidade, como saben as delegadas de CCOO. En ningún momento se dirixiron a Secretaria nin a Vicepresidenta do Comité para solicitar a convocatoria.
Por outra parte a maioría dos delegados e delegadas no Comité (9 persoas) anunciaron que non poden estar presentes o día 7. Hai xente de vacacións, de baixa ou están utilizando as súas horas sindicais para defender ao persoal despedido.
Queren facer agora a reunión para aprobar un acordo aproveitando a ausencia da maior parte dos delegados/as non semella moi democrático.
A día de hoxe a empresa tampouco xustificou ante o Comité a necesidade de dispoñibilidade horario e o Comité de Empresa tampouco ten ningún tipo de proposta formal por parte da empresa.
CCOO quere aprobar como sexa un acordo (por baixo do Convenio) en contra da opinión maioritaria do Comité de Empresa e sen contar co persoal afectado.
Dende a CIG temos claro que a negociación dos horarios debe realizarse co Comité de Empresa e posteriormente si hai acordo queremos sometelo a referendo por parte do persoal afectado.
E si CCOO pensa que o acordo é tan bo que sexan as suas delegadas as primeiras en dar exemplo e acepten a dispoñibilidade horaria.
E por último dicir que o pase a empresa do persoal de ETT foi solicitado e negociado por unanimidade do Comité de Empresa, un bo motivo para a reflexión, non?

Ningún comentario:
Publicar un comentario