O día 5 de agosto tivemos unha nova mobilización en apoio aos compañeiros e compañeiras despedidos, que perderon o seu posto de traballo e o seu medio de vida, reivindicando a súa readmisión.
Nesta mobilización, como na anterior, estiveron presentes solidariamente delegados/as doutras empresas de telemárketing de toda Galiza.
As delegadas e os delegados da CIG tamén estamos a colaborar coa nosa asesoría xurídica na preparación das correspondentes demandas.
Así mesmo estamos en contacto coa Inspección de Traballo, xa que tamén denunciamos os despedimentos ante este organismo.
Lembrar que por parte da Inspección xa se requiriu a Bosch para que cumpra o Convenio en materia de contratación, ETT, e a libranza dos 14 festivos, como xa anunciamos anteriormente.
Hai case 50 despedimentos inxustificados de compañeiros e compañeiras, algunhas das persoas despedidas lideraba incluso os ranking de televenda, pensamos que os delegados e delegadas sindicais debemos estar totalmente implicados na súa defensa. Esta é a nosa prioridade.
Cada vez que Bosch despida ou sancione inxustamente a un compañeiro ou compañeira a CIG estará cos afectados. Que o teña claro a empresa e que cada quen reflexione que espera dos sindicatos si algún día perde o seu posto de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario