26 de maio de 2008

Proceso de Conversión en indefinidos: Conflito Colectivo e denuncia na Inspección

Durante os cinco anos de historia de Bosch en Vigo a empresa nunca negociou a conversión de contratos en indefinidos tal e como establece o Convenio. O 30% do persoal de operacións debe ter contrato fixo, pero con 1.200 persoas en Bosch Vigo só había 72 persoas con contrato indefinido.

Neste senso dende a CIG solicitamos un proceso de negociación, a empresa convocou unha reunión aceptando aparentemente os baremos propostos pola CIG, pero finalmente incumpriu o Convenio en cada un dos requisitos. Como sempre.

• Non facilitaron información sobre o número de persoas que cotizaron o ano pasado e din que o ano pasado a media de persoal foi de 517 persoas (cando somos 1.200). Polo que segundo eles só tiñan que ter 155 persoas fixas.

• Descontaron 72 contratos que foron feitos unilateralmente pola empresa en anos anteriores, polo que dixeron que só tiñan que facer 84 novos indefinidos.

• Posteriormente modificaron os baremos unilateralmente, incumprindo o Convenio, polo que no proceso non están todos os que son.

Tampouco facilitou información sobre a puntuación de cada unha das persoas que entrou no proceso, polo que non podemos comprobar que estea ben feito.

• O Comité non ten copias dos contratos indefinidos realizados, nin das cláusulas adicionais asinadas polo persoal.

Ante estes graves incumprimentos do Convenio temos presentado un Conflito Colectivo e denuncia na Inspección de Traballo.

Quede claro que o proceso de conversión en indefinidos non está pechado, será a Audiencia Nacional e a Inspección de Traballo quen decidan en última instancia.

PD.: O persoal que asinou a conversión en indefinidos pode estar tranquilo, as denuncias non lle afectan.

2 comentarios:

Teleoperador de contrato tecnico de traballo dixo...

Onde están as negociacións que desconvocaron a folga que fixemos?

Folga de novo XA!

Eu teño un contrato como teleoperador pero non traballo como tal.

Síntome defraudado por apoiar unha folga da que non vexo adiantos.

FOLGA XA!

Anónimo dixo...

Si a empresa non negocia: FOLGA de novo e desta vez mais días e mais dura.