2 de maio de 2008

Deducción 400 euros IRPF

En relación a esta medida aprobada polo goberno central, para clarificar o seu alcance e como nos afecta, interesa destacar os seguintes aspectos:

Non ten incidencia algunha na campaña de Renda 2007

Ten o carácter de dedución da cota líquida do imposto só para aqueles/as que perciben rendas do traballo ou de actividades económicas.

O abono dos 400 € efectúase mediante un axuste de retencións do traballo soportadas en 2008 ou de pagos fraccionados de actividades realizados en 2008 polo que só afecta a aqueles que teñan saldo suficiente ao efecto. En ningún caso ten o carácter de imposto negativo.

A recuperación no noso caso efectuarase do seguinte xeito:

Nómina de mes de xuño: dedución de 200 € como máximo, nas retencións soportadas; nas nóminas dos meses de xullo a decembro de 2008 a recuperación do resto ata chegar a 400 € efectúase vía baixada do tipo de retención ( que agora, aos exclusivos efectos de ter en conta este axuste, admite ata dous decimais).

Dado que depende das retencións de cada un, que se calcula en base aos ingresos e da situación persoal, é imposible facer un calculo xeral que serva para todo o mundo, pero os amosamos un exemplo do caso dunha teleoperadora especialista.

EXEMPLO TELEOPERADORA ESPECIALISTA: APLICACIÓN DOS 400 €

DATOS DE PARTIDA

Traballadora de 32 anos cobra 905.08 € ao mes con 14 pagas (extras xuño e decembro), en total 12671.08 € ao ano. Sen fillos. Situación familiar tipo 3 ( non manifesta).

A retención 2008 sen aplicar a rebaixa dos 400 € sería dun tipo do 12%, é dicir , todos os meses reteríanlle 108.61 € e os meses de xuño e decembro 217.22 €. O total de retencións practicadas sería de 1520.54 € ( 108.61 x 14 ).

Aplicación dos 400 € como dedución da cota líquida do IRPF

En primeiro lugar, hase de observar como a retención total soportada durante o ano supera os 400 €, polo que en principio teríase dereito ao cobro dos 400 € na súa totalidade.

Nómina de Xuño

Cobro de 200 € ( ou a cantidade menor que corresponda) como resultado de diminuír as retencións soportadas. No exemplo:

Paga de xuño................................................1810.16 € (905.08*2)
Retencións de xuño...................................(-)217.22 € ( 1818.16* 0,12 )
Abono anticipado dos 400 €.................. 200 € ( máximo posible)
A cobrar ( faltarían gastos de seg.social).....1792.79 € ( só houbo 17.21 € de retención efectiva)

A partir do mes de xullo

Efectúo unha regularización , pero supondo que as circunstancias permanecen invariables, polo que o importe previo anual da retención para a traballadora non cambia, é dicir , segue sendo de 1520.54 € (aplicar o 12% ao total de retribucións previsibles de 12671.08€)

Ao importe previo anual da retención, téñolle que descontar dúas cantidades:

As retencións previas ata o mes de xuño inclusive, que lle foron efectivamente practicadas. É dicir, 560.26 € ( 108.61 * 5 + 17.21)

400 €

A diferenza sería a cantidade que hai que reter ata final de ano , é dicir:

1520.54 - 560.26 - 400 = 560.28 € é o que falta por reter.

O que falta por reter , divídese entre o que se vai a cobrar ata fin de ano para achar o novo tipo de retención. Novidade da norma é que o novo tipo de retención non se redondea ata a unidade superior ou inferior senón que se lle aplican dúas decimais.

Desta forma conséguense recuperar a cantidade que falta ata 400 € como baixada do tipo de retención a partir do mes de xullo.

No noso exemplo:

560.20 € é a retención a practicar ata fin de ano
6335.54 € ( 12671.08/2) é o que falta por cobrar ata fin de ano.
Tipo de retención a partir de xullo ( t): t = 560.20 / 6335.54 = 8,84%
905.08* 8.84 % = 80.01 € mensuais salvo o mes de decembro ( dúas pagas) que serían 160.02 €.

Meses de xullo a decembro

Retencións practicadas coa nova normativa : 80.01 * 5 + 160.02 = 560.07
Retencións antiga normativa: 108.61 * 5 + 217.22 = 760.27 €
Aforro que lle supón á traballadora: 760.27-570.07 = 200.20 €

A traballadora percibiu 200.20 + 200 = 400, 20 € distribuídas da seguinte forma:

Meses Importe

Xuño 200
Xullo 28,60 ( 108.61-80.01)
Agosto 28,60 ( 108.61-80.01)
Setembro 28,60 ( 108.61-80.01)
Outubro 28,60 ( 108.61-80.01)
Novembro 28,60 ( 108.61-80.01)
Decembro 57,20 (217.22-160.02

Total 400,20 €

Ningún comentario: