2 de maio de 2008

A situación de Bosch estivo presente no primeiro de maio


A precariedade laboral que padece o persoal de Bosch e a represión sindical e laboral con despedimentos e sancións, estiveron presentes na manifestación da CIG no primeiro de maio a través dos discursos do Secretario Xeral da CIG Suso Seixo e do Secretario Comarcal Xerardo Abraldes.


As delegadas e delegados da Sección Sindical da CIG en Bosch participamos na manifestación do primeiro de maio en Vigo cunha pancarta propia endefensa dunhas condicións laborais dignas e contra a deslocalización que ameaza os nosos postos de traballo.


No acto final tanto o Secretario Xeral da CIG como o Secretario Comarcal de Vigo fixeron no seu discurso unha referencia a situación que padecemos na empresa Bosch. Segundo as suas propias palabras un exemplo de precariedade laboral e represión sindical.


Na manifestación convocada baixo o lema "Por un modelo socioeconómico xusto e sustentable" participaron perto de 10.000 persoas, sendo a mais numerosa das celebradas en todo o país nesta data.

Ningún comentario: