O vindeiro día 1 de abril está previsto o primeiro xuízo polas demandas interpostas contra Bosch, o do despedimento da compañeira Iria. Hai un refrán galego que di “O primeiro de abril, van os burros onde teñen que ir”, pois iso que nos veremos no xulgado.
Pero mais ala das sucesivas demandas e da contestación sindical que iniciamos coa concentración do 6 de marzo en Vigo-1, abrimos tamén unha vía institucional.
O mesmo día 6 de marzo o deputado do BNG Fernando Blanco, a petición da CIG, presentou unha pregunta no Parlamento Galego solicitando información sobre as subvencións públicas recibidas por Bosch Security Sistems SAU.
Das 1.000 persoas que traballamos na Plataforma de Vigo só 70 teñen contrato indefinido (contando o persoal Directivo). Entendemos que ningunha empresa con estas taxas de temporalidade debería recibir ningún tipo de subvención públicas, e si as recibiu debería devolvelas.
Sinalar que noutros conflitos laborais en empresas de telemárketing, despois das preguntas parlamentarias estas víronse obrigadas a devolver as subvencións, nalgún caso a subvención era de 600.000 euros (100 millóns das antigas pesetas).
En todo caso quede claro que a CIG tentou por todos os medios procurar unha vía negociada, foi Bosch quen rachou o dialogo coa súa prepotencia e cos sucesivos recortes dos dereitos laborais.
Pd. Noutra empresa de telemárketing que é a competencia directa de Bosch, temos negociado o dereito do persoal a un día de libranza cando coincida o día de descanso semanal cun festivo; temos negociado a conversión de indefinidos por riba do establecido en Convenio e temos negociado as quendas fora das bandas horarias. A CIG negocia, quen non negocia é Bosch.

Ningún comentario:
Publicar un comentario