Semella que a acción sindical que vimos desenvolvendo comeza a dar os seus froitos, a empresa comeza a moverse.
Coincidencia descanso semanal en festivo.
A semana pasada presentamos de novo unha solicitude ante a empresa reiterándolle que unha vez comprobadas as quendas do mes de marzo, había persoas ás que a empresa lle tiña asignado como día de descanso semanal os días festivos.
Onte foron modificados os horarios de parte do persoal. A priori semella que nalgúns casos os días de descanso semanal foron correctamente asignados, noutros pensamos que non, polo que porémonos de novo en contacto coa empresa.
RRHH acepta os baremos para a conversión en Indefinidos, non o número.
RRHH transmitiunos que aceptan a proposta realizada pola CIG para o proceso de conversión en indefinidos en canto aos baremos e criterios propostos. Comentar novamente que a proposta presentada pola CIG (a única presentada) daba cumprimento ao establecido no Convenio.
En todo caso estamos pendentes de que nos comuniquen o número de persoas que deberan pasar a fixas, pero a empresa continua defendendo que non computan os contratos de posta a disposición (ETT), mentres que nos pensamos que si e que un 30% do persoal debe ter contrato indefinido (case 300 persoas).
Actos de conciliación no SMAC: acordo nun caso, xuízo noutro.
Hoxe dia 12 de marzo tivemos dous actos de conciliación no SMAC, previos a presentación das demandas xudiciais.
O noso delegado Jesus de CAC_REC demandaba por tutela da liberdade sindical. Finalmente houbo acordo despois de que a empresa propuxeran no acto restituílo nas condicións que tiña anteriormente.
No caso da compañeira Mar tamén de CAC_REC, que ten presentada demanda por unha sanción grave, con suspensión de emprego e soldo, RRHH ofertou no acto de conciliación rebaixar a cualificación da falta a “leve”. Non houbo acordo xa que a compañeira afectada non estivo disposta a aceptar unha sanción leve, sería aceptar que ela fixo algo malo cando non foi así. Este caso quedou pois listo para o xulgado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario