Novo acordo no SMAC
O día 18 de marzo as delegadas e delegados da acompañamos solidariamente á compañeira Ana Laura de CAC_REC nun acto de mediación no SMAC.
A esta compañeira que ten contrato por ETT, denegáronlle a redución para o coidado do seu fillo, á que ten dereito por lei. Posteriormente reducíronlle a xornada mais ala do solicitado e días despois foi sancionada nunha clara represalia. A demanda contra esta sanción será recorrida no xulgado.
Hoxe no SMAC a empresa aceptou a redución de xornada conforme tiña solicitada a compañeira, chegando a un acordo, unha cousa é denegar un dereito dentro da empresa e outra é porfiar en facelo diante dun xuíz.
Orange: Nova sanción
Temos unha nova sanción grave con suspensión de emprego e soldo, desta volta no departamento de Orange. Unha vez mais a sanción é por un suposto acto de desobediencia a un superior, e sen que Bosch escoitase a versión da persoa afectada nin das traballadoras e traballadores presentes. A palabra dos superiores é lei.
Reclamación categoría.
A nosa delegada Natalia Blanco CAC_REC presentou unha reclamación de ascenso a “Teleoperadora Especialista”, que lle foi denegada pola empresa, RRHH non computa o tempo prestando servizos con contrato de ETT.
O día 3 de abril está previsto o acto de conciliación no SMAC previo a presentación da demanda no xulgado. Aquelas persoas que queiran mais información sobre esta cuestión poden poñerse en contacto con calquera das nosas delegadas ou delegados.
Help Desk: reclamamos a reclasificación do persoal
Unha das reivindicacións presentadas a principios de febreiro a RRHH era o estudo da reclasificación do persoal de Help Desck ou no seu caso a creación dun complemento salarial, xutno coa creación dunha carreira profesional interna. Este departamento técnico fai un traballo especializado para o que a propia empresa require unha formación específica, pero o persoal ten a categoría de teleoperador/a.
A día de hoxe seguimos sen ter contestación por parte da empresa, polo que estamos estudando as posibles medidas e accións a tomar.

Nun próximo comunicado comentaremos a situación do proceso de conversión en indefinidos, a empresa propón facer 84 novos contratos fixos, moi por baixo do que entendemos debería ser por Convenio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario