2 de abr. de 2008

Concentración ante o xuízo polo despedimento de Iria

O día 1 de abril tivo lugar o xuízo pola demanda contra o despedimento da nosa compañeira e delegada sindical Iria. Ante a celebración do mesmo a Sección Sindical convocou unha concentración de apoio na porta dos xulgados.

O despedimento de Iria quedou listo para sentenza despois de que onte se celebrase o xuízo na sala número 3 do social. Previamente tivo lugar un acto de apoio a esta compañeira cunha concentración de delegados/a da CIG.

Posteriormente os delegados e delegadas estiveron presentes na sala durante a celebración do xuízo. Para a CIG quedou claro que o contrato de Iria fora realizado en fraude de lei e que existe unha relación clara entre a súa filiación sindical e o despedimento. A candidatura da CIG foi presentada o día 3 de decembro, ao día a seguir indicaronlle verbalmente que sería trasladada a outro centro. O día 20 saíu elexida delegada sindical, a única entre o persoal de estrutura, participando activamente na folga do día 21 de decembro, o día 27 a empresa comunicoulle o despedimento.


Por parte da empresa acudiu como testimuña a responsable de administración de persoal que indicou que Bosch só ten 5 recepcionistas para os tres centros de traballo, que contratouse a Iria de xeito puntual debido a unha maior carga de traballo pola apertura de Vigo 3. Tamén dixo que o posto de traballo ofertado ao día seguinte do despedimento de Iria era para cubrir unha baixa na empresa que se produciu case 2 meses despois.

Insistiron tamén en asegurar que en Bosch non hai represión sindical, que si fose así non houberan permitido a celebración das eleccións sindicais e a celebración da Folga. Ver para creer.

Ningún comentario: