25 de feb. de 2008

Permisos para votar o 9 de marzo

A Consellería de Traballo ditou unha orde que regula os permisos para poder exercer o dereito a voto o vindeiro 9 de marzo. Lembrámosvos que as mesas electorais estarán abertas das 9:00 horas da mañá ata as 20:00 horas.

Pasamos a informarvos do contido da citada orde.

· As persoas cun horario de traballo que non coincida coa apertura das mesas electorais ou que coincida en menos de 2 horas, non terán dereito a este permiso.

· As persoas cun horario de traballo que coincida en 2 ou máis horas e menos de 4 co período de apertura das mesas electorais, teñen un permiso de 2 horas retribuídas.

· As persoas cun horario de traballo que coincida en 4 ou máis horas e menos de 6 co período de apertura das mesas electorais, teñen un permiso de 3 horas retribuídas.

· As persoas cun horario de traballo que coincida en 6 ou máis horas co período de apertura das mesas electorais teñen un permiso de 4 horas retribuídas.

Estes cálculos están realizados sobre una xornada de 8 horas, as persoas con contratos a tempo parcial teñen dereito a parte proporcional correspondente.

As persoas desprazadas fóra da localidade onde lles corresponda exercer o dereito a voto, disporán dos permisos arriba relacionados para formular persoalmente a solicitude do certificado de inscrición no censo, así como para efectuar a remisión do voto por correo.

Correspóndelle á empresa a distribución dos permisos para ir votar.

Lembrade que a empresa poderá solicitar un xustificante de ter exercido o dereito a voto, polo que debedes solicitar o certificado na mesa electoral.

Para máis información podedes consultar directamente a Orde da Consellería de traballo

Ningún comentario: