15 de feb. de 2008

O por qué

Non fai moito a CIG mantivo unha reunión cos responsables de RRHH de Bosch na que lle expuxemos unha serie de medidas que pretendíamos negociar coa empresa: medias relacionadas co cumprimento dos horarios das quendas; da interpretación do control da xornada, de salarios; de reclasificación do persoal de Help Desk e dos teleoperadores/as; medidas relacionadas co emprego (pensamos que a empresa debe transformar en indefinidos mais de 200 contratos mais nos tememos que a empresa quere bastantes menos), ou sen ir mais lonxe garantir o dereito ao goce dos 14 festivos.

Naquela reunión tendemos a man para crear un marco de dialogo constructivo e anunciamos que convocariamos Asembleas de Traballadores/as para dar a coñecer a nosas reivindicacións e para poder incorporar outras que estimarades oportunas.

Esta claro que hai moitas cousas que sempre se fixeron mal nesta empresa e queriamos tratar de rectificalas mediante a negociación.

Sempre soubemos que non ía ser doado pero semella que Bosch ten optado pola vía dura, atacar a CIG para que renunciemos a defensa das lexitimas demandas laborais dos traballadoras e traballadores.

Tamén somos conscientes de que é habitual que se sancione ao persoal de xeito arbitrario co fin de amedrentalo. Noutros casos esta política de sancións sempre tivo por fin acosar ao persoal mais antigo para desfacerse del (este semella ser o obxectivo dalgúns dos despedimentos inxustos dos últimos días, incluído o dunha coordinadora de CAC_REC).

As sancións arbitrarias e os abusos ao persoal por parte dalgunhas coordinadoras e supervisora (que non todas), que se comportan como señoras medievais de forca e coitelo, están no noso punto de mira. Poden esixirnos que cumpramos no noso traballo, pero non teñen dereito a insultar, humillar ou a utilizar os cambios de quenda como modo de “castigo” ou escarmento.

Veñen por nós por que saben que non consentiremos mais abusos, pero estamos preparados e nós defenderemos xudicialmente e sindicalmente. O dereito a liberdade sindical é un dereito fundamental recollido incluso na Constitución, vulnerar ese dereito pode ter consecuencias incluso penais.

Pd. Cabe preguntarse si non pretenden quitar de en medio a CIG para poder despedir facilmente ao persoal cando este aberto e funcionando o centro de traballo de Arxentina que atenderá os servizos dos clientes que se atenden hoxe en Vigo.

2 comentarios:

CAC_A dixo...

No os dejeis amedrentar, el comentario generalizado en la empresa es que contais con todo el apoyo de todo el mundo.

Teniais que ver como se comportan Marta Simón y Isabel Guitian en CAC_REC. Buf!!!

guitian, patan dixo...

Amamos a Laura, JAJAJA