7 de feb. de 2008

¡¡Dous euros con vinteún céntimos!!

Ante a publicación das novas táboas do Convenio Colectivo de Telemárketing, queremos aclarar a qué corresponde cada un dos conceptos.

Hai que actualizar os salarios correspondentes ao ano 2007 co 2% de IPC previsto polo Goberno. O IPC previsto é un dato que aleatoriamente establece o Goberno central anualmente e que poucas veces se cumpre.

Cando a principios de 2009 se coñeza o IPC definitivo procederase a actualizar os salarios pola diferenza. Con esta fórmula os traballadores/as adiantamos masa salarial ás empresas.

Insistimos en que a única mellora que recolle o Convenio sobre os nosos salarios é unha suba do 0,25% sobre as táboas do 2007.

O 70% do persoal ten categoría de teleoperador/a, sendo a “mellora” para estes niveis en cada mensualidade do seguinte xeito: os “teleoperadores/as de entrada” (nivel 11) cobrarán 2,21 euros máis cada mes, e os “teleoperadores/as especialistas” (nivel 10) 2,31 euros máis.

Estas son as “conquistas” que conseguiron CCOO e UGT no Convenio a cambio de ampliar a duración dos contratos eventuais. Máis lles valería estar calados.

Ver táboas salariais de Telemarketing 2008

Ningún comentario: