2 de feb. de 2008

Temos dereito a librar os festivos

Cando a principio deste mes detectamos que a empresa asignaba como día de descanso semanal o festivo, fixemos unha reclamación ante a empresa.

Entendemos que todos os traballadores e traballadoras teñen dereito a librar os 14 festivos anuais que establece a lexislación.

En todo caso o precario Convenio de Telemárketing permite que as empresas podan dispoñer dos festivos como días laborais, pero teñen que ser compensados cun día de libranza e co recargo de festivos.

Por necesidade de servizo Bosch pode dispoñer do día 1 de xaneiro, pasando a ser este o día de descanso, pero como compensación temos dereito a un día de libranza e ao recargo de festivos.

Dende RRHH nos indican verbalmente que trasladaron o noso escrito a Asesoría Xurídica de Bosch, pero o tempo pasa e non tivemos contestación.

Si pretenden que esquezamos esta cuestión, poñendo tempo por medio, están errados. Non admitiremos interpretacións torticeiras do Convenio para recortar os poucos dereitos laborais que temos. En todo caso nos tamén puxemos esta cuestión en mans da nosa Asesoría Xurídica para que estude a posible presentación dun Conflito Colectivo si a empresa persiste en negarnos o noso dereito.

Ningún comentario: