9 de xan. de 2008

Campaña contra a deslocalización



O Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Datos recolle parte das achegas da CIG.

O pasado 11 de abril do 2007 en pleno conflito polos despedimentos de Atento, a CIG mantivo unha reunión en Madrid coa Axencia Estatal de Protección de Datos, naquel a reunión estivo presente o Director da mesa Artemí Rallo. O pasado día 15 de decembro do 2007 o Consello de Ministros aprobou o Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Datos, a espera da súa publicación definitiva aparentemente este recolle parte das achegas presentadas pola CIG naquela reunión.

En primeiro lugar a CIG expuxo ante a AEPD a situación do sector de telemárketing e o proceso de deslocalización facilitado polas autorizacións internacionais de datos a países considerados non seguros, nomeadamente a Marrocos e América Latina. Destacábamos daquela a sensibilidade do Director da Axencia ante a situación laboral provocada pola deslocalizacion do sector do telemárketing.

Expuxemos as indefensións dos traballadores e traballadoras xa que nas autorizacións o anterior equipo directivo da AEPD non nos consideraba como parte afectada, polo que non podíamos presentar alegacións.

Daquela a AEPD puxo en marcha un sistema provisional de comunicación ao sindicatos que nos permitiu presentar un contencioso administrativo contra a autorización de transferencia internacional de datos dos clientes de “telefónica moviles” a Perú, parte do servizo de atención aos clientes de “telefónica moviles” prestase na empresa Eurocen de A Coruña que emprega a 1.000 persoas.

Expusemos tamén que non había posiblidade de presentar alegacións contra as transferencias xa autorizadas que están a facilitar a deslocalizacion no caso de Atento-Telefónica. Neste senso o novo Regulamento aprobado polo goberno prevé a revogación ou suspensión das autorizacións xa concedidas.

Aínda que haberá que agardar a publicación no BOE deste regulamento para coñecer o seu alcance real, consideramos que supón un paso adíante na loita contra a deslocalización do sector do telemárketing e recolle parte das achegas realizadas pola CIG na reunión do 11 de Abril. A primeira que mantivo un sindicato con este organismo ante a deslocalizacion do sector do telemárketing.

Ningún comentario: