16 de xan. de 2008

Campaña contra a deslocalización do telemárketing: Reunión co grupo Parlamentar do BNG

Dentro da campaña contra a deslocalización unha representación da CIG no sector de telemárketing mantivo unha reunión co Grupo Parlamentar do BNG. Na reunión estiveron presentes compañeiras de Atento, Eurocen, Bosch e Unísono, por parte do BNG estivo presente o parlamentario Fernando Blanco Parga, coñecedor da situación do sector, xa que noutras ocasións ten presentado numerosas iniciativas sobre o telemárketing. Por parte do BNG houbo un compromiso de apoio ás medidas propostas pola CIG e amosaronse abertos a estudar calquera nova proposta.

Está foi a primeira reunión prevista con responsables políticos e sociais tentando sumar apoios ás medidas que reclamamos das diferentes administración públicas para garantir os postos de traballo. En vindeiras datas agardamos poder reunirnos con outros grupos políticos.

Cabe lembrar que as da CIG son as únicas propostas sindicais concretas fronte a un fenómeno que ameaza os nosos postos de traballo:

- Creación dunha mesa sectorial coa presenza da Xunta de Galicia, os sindicatos mais representativos e as empresas de telemárketing con centros de traballo en Galiza. Negociación dun Plan reitor de apoio ao sector que permita garantir os postos de traballo. Nesta mesa revisaríase a actual política de subvencións publicas ás empresas de telemárketing.

- Creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos. Para que a administración pública galega poda intervir ante as transferencias internacionais que posibilitan a deslocalización e para ter voz e voto nos órgano de goberno da Axencia Estatal.

- Regular por lei a obriga de facilitar a opción do galego nos servizos de atención ao cliente a distancia. Esta medida non evitaría a deslocalización, pero posibilitaría unha maior carga de traballo para as empresas radicadas en Galiza.

- Solicitar o traspaso de competencias en materia de telecomunicacións. Ante a pasividade da administración central. Quen opera no país sexa obrigado por Lei a manter aquí os servizos.

Ningún comentario: