13 de dec. de 2007

Folga o 21 de decembro

CIG e CGT chegamos a un acordo para convocar unha folga o vindeiro 21 de decembro en todo o sector de telemárketing, co fin de dar unha resposta á grave situación que atravesamos os traballadores e traballadoras do sector de telemárketing.

O novo Convenio condénanos a ser vítimas da precariedade: baixos salarios que non nos permiten vivir dignamente do noso traballo; contratar temporalmente será aínda máis fácil, pero como todas e todos sabemos máis fácil é despedir; non se pon coto á proliferación de contratos a tempo parcial, co que as nosas necesidades económicas, a nosa necesidade de ampliar xornada, é un arma en mans das empresas.

Este mesmo mes a patronal ACCE anunciaba que haberá novos despedimentos debido á deslocalización; o Convenio, como todo o mundo sabe, non garante os postos de traballo e as empresas tamén o saben e pretenden utilizalo a fondo.

Entendemos que chegou o momento de tratar de superar esta situación forzando a negociación de acordos de empresa que nos permitan dignificar as nosas condiciones laborais.

O Convenio está asinado, pero non queremos nin debemos estar resignados, nin quedarnos calados. Neste senso estamos ante unha convocatoria de folga que ten como fin forzar ás empresas a negociar internamente o que non quixeron negociar no Convenio: salarios dignos (non “melloras” de 2 euros ao mes), condicións de traballo dignas e un compromiso de mantemento dos nosos postos de traballo.


Por uns salarios dignos, contra a precariedade, a deslocalización e a temporalidade.

O día 21 de decembro telemárketing en Folga!!!

Visitar tamén: La Voz de Galicia

1 comentario:

Anónimo dixo...

Me gustaría saber, que vamos a conseguir, apoyando la huelga, contra un convenio firmado, en mi opinión las revindicaciones son antes de la firma del convenio, que por cierto si no estoy equivocado ha sido a lo largo de todo un año.
Si realmente lo que se busca es negociar a nivel de empresa, ¿ya habeis propuesto a la empresa una revisión salarial?.Creo que si el convenio se firmó hace unos 10 días, no daría tiempo a negociar, y si primero hacemos perder dinero a las empresas con las huelgas cuando vayamos a negociar, si conseguimos algo sera menor por que se resarciran del dinero que han perdido o simplemente pasaran de nosotros.
Por favor tener en cuenta que nosotros os apoyamos y hablais en nuestro nombre, pero con cautela, por que aunque todos estamos de acuerdo con el salario miserable, valoramos nuestros puesto de trabajo-.