23 de nov. de 2007

Preacordo de Madrid: baixos salarios e mais temporalidade

Onte CCOO e UGT demostraron que son uns sindicatos radicais (radicais pro-empresa claro) escenificando a sinatura dun preacordo de “Convenio” para o sector de telemárketing,. Pasamos a explicar as excelencias do acordo.

O sector cambia de nome

A patronal pediu que o sector pase a chamarse “Contact Center”, “telemárketing” está asociado a temporalidade, precariedade e explotación laboral. As empresas pretenden solucionar a súa mala imaxe social cun cambio de nome.

Din CCOO e UGT que este cambio de nome é unha medida que contribuirá a loitar contra a deslocalización, pero non explican como.

Salarios: Perderemos 164 euros este ano

O Convenio establece unha suba salarial do IPC para este ano e IPC + 0,25% para os anos seguintes. Un teleoperador nivel 10 con xornada completa perderá este ano 164 euros, xa que a suba total en computo anual non chegará aos 611 euros necesarios para garantir o mantemento de poder adquisitivo. Este preacordo aposta polos baixos salarios, a maior parte non chegamos nin a mil euristas pero temos que estar a disposición total da empresa cos cambios arbitrarios de horarios..

Contratación: Amplían a duración máxima dos contratos eventuais

Por outra parte CCOO e UGT conviñeron coas empresas en ampliar a duración dos contratos eventuais por circunstancias da produción. A única medida en materia de contratación!!!.

Outras medidas: as empresas aplicaran a lei.

O Preacordo conten tamén unha serie de medidas algunhas se reducen a aplicar a lexislación. Aplicaran a lei de Igualdade no sector. Aplicaran tamén a lei en canto ao permiso de lactación. Recolle o dereito a percepción dos pluses e festivos durante as vacacións tal e como xa estableceron os xulgados do social.

Hai outras medidas menores, pero que en ningún caso xustifican os baixos salarios e o incremento da temporalidade: Haberá un permiso de 3 días por operación sen hospitalización; e crean os postos de “Formador” e “Calidade”, ambos con nivel VIII (xa é así na maior parte das empresas).

Liberados para os sindicatos que firmen:

CCOO e UGT terán 18 liberados que formaran parte dunhas Comisións de Estudio de Clasificación Profesional e outra de Formación. Agardarmos que desta volta estas comisións se reúnan, cando menos unha vez, para xustificar estas liberacións.

Acostumadas a deslocalizar as empresas levan nos de Guatemala a Guatepior.

Ningún comentario: