6 de nov. de 2007

Pola unidade de acción cara a Folga

Levamos once meses cos nosos salarios conxelados. Subiron os alimentos, subiu a luz, subiron os combustibles, subiron as hipotecas e subiron especialmente os beneficios das empresas de telemárketing, pero os nosos miserables salarios cada día valen para menos. Na reunión da Mesa de negociación do convenio do 5 de novembro, a patronal, moi cómoda con esta situación, dedicouse novamente a reiterarse nos temas xa falados no seu día, sen presentar unha proposta de convenio.

Dende principios deste ano os traballadores e traballadoras vimos recoñecidos novos dereitos; por exemplo, o dereito a percibir diferentes pluses durante o período de vacacións, ou o dereito a disfrutar das horas para visitas médicas. Estes dereitos en ningún caso foron cesións nin esmolas da patronal, foron conquistados nos Xulgados do Social. As empresas de telemárketing só se moven baixo presión.

Hai tres anos viviamos unha situación semellante, pero daquela, fronte a actitude prepotente da patronal, os sindicatos actuamos unitariamente e, grazas ao apoio do persoal de telemárketing, que secundou masivamente os paros e folgas, conseguimos que as empresas entraran en razón. Hoxe vivimos unha situación máis grave que hai tres anos debido á ameaza da deslocalización. Hoxe, como daquela, dende a CIG entendemos que é precisa unha unidade de acción sindical, para que as medidas que se tomen conten co máximo apoio posible dos traballadores e das traballadoras.

Semella que algúns sindicatos teñen algún tipo de compromiso coas grandes compañías de telefonía, só así se entende que non queiran mobilizar ao sector. Tampouco podemos compartir medidas en solitario sen tratar previamente de aglutinar o máximo de forzas posible e que, polo tanto, están condenadas a ter un efecto moi limitado.

Dende a CIG comprometémonos a traballar en aras da unidade de acción no sector de telemárketing. En todo caso, se esta non é posible, non será pola nosa culpa e entenderemos que temos as mans libres para unha convocatoria de Folga a nivel galego en todo o sector.

A próxima reunión será o 22 de novembro.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Podedes matizar, que si hai umha empresa de Telemarketing que voluntariamente subiu os salarios a primeiros do 2007, a conta do IPC, esa foi Bosch, ou sólo os acordades de eles, para poñelos a parir algunha cousa faran ben, eu traballo alí, e nunca vín que ningunha medida positiva fose publicada os sindicatos so esperadas a ver a merda, por iso non nos afiliamos.
Tampouco nos afiliamos por que os dedicades a coller as horas de respresentacion sindicai, para non traballar en fin de semana ou pontes. Que vergoña
Seguide traballando tan ben, que nos vemos todos traballando como os nosos antepasados en Sur America

Cig Bosch dixo...

Como delegada da CIG en BOSCH vou facer dous matizacións o teu comentario.
A primeira é que os sindicatos están para vixiar que as empresas cumpran as obrigas contraidas nas leis e convenios, e a función principal dun sindicato é denunciar as inxustizas que se comenten e os atropelos dos dereitos dos traballadores e traballadoras.
Por outra banda, ningún delegado nin delegada da CIG en BOSCH colleu nunca horas sindicais en fins de semana nin pontes polo que a denuncia que estas a facer quizais deberias remitila a outros blogs ...
Polo que respecta a afiliación, na CIG contamos con moitos afiliados en todo o sector polo que tampouco é o noso caso.
Como último reiterar que dende a CIG seguiremos loitando polos dereitos dos traballadores e traballadoras tanto en BOSCH como na totalidade do sector de Telemarketing

Anónimo dixo...

Los jefes teneis vuestro foro para decir lo que os dá la gana, no vengais a molestar en los espacios sindicales.

Me cambiais el turno cada dos por tres impidiendo que pueda organizar mi vida (que no es vuestra), mi coordinadora parece un bulldog, tengo contrato temporal y no soy ni mil eurista.

Me rio de las bondades de Bosch.

Anónimo dixo...

Simpatica/o, eu tampoco son mileurista, e que pasa, non podo ter unha opinión distinta a vosa, por iso xa son un xefe??
Eu valoro algunhas cousas, por que sei o que e chegar a fin de mes, e non saber se tes cartos no banco para pagar a hipoteca, o se a tua familia precisa algo, e esperas que o teu xefe volva dalgunha viaxe para aboar uns cartos que xa son teus, eso sin as horas extras que non se paga e o xornal e unhan merda.