23 de nov. de 2007

O persoal de BOSCH xa pode pedir o prorrateo das pagas extras

Este ano a empresa propuxo negociar o prorrateo das pagas extras para todo o persoal, é dicir que cobremos todo o salario en 12 pagas. Nos sempre defendemos que o cambio debía ser voluntario, é dicir para aquelas persoas que o solicitasen.

A empresa insistiu que administrativamente era imposible facelo só para a xente que o pedise voluntariamente, que debía ser para todo o cadro de persoal, posibilidade que o Comité rexeitou, quedando esta modificación aparcada.

Pero unha vez mais Bosch “onde dixo digo, di Diego” e agora está aberta esta posibilidade, as persoas con contrato de empresa que queiran voluntariamente cobrar en 12 pagas deben solicitalo na recepción de calquera dos centros de traballo. O cambio será efectivo a partir de Xaneiro de 2008.

Desgraciadamente para moitos compañeiros e compañeiras está será a única opción de chegar a fin de mes despois de que o Convenio asinado por CCOO e UGT nos condene a uns soldos de miseria que non nos permiten vivir dignamente do noso traballo.

1 comentario:

Teleoperada dixo...

Los currelas de Bosch podremos decirle ahora a CCOO lo que pensamos de su Convenio que nos condena a la miseria.

Tienen la mayoria en el Comité y parece que solo existe la CIG.

Ni un voto para el Convenio!!!