26 de nov. de 2007

Eleccións sindicais en Bosch

Compañeiras e compañeiros:

Como algúns e algunhas de vós xa saberedes, está en marcha un novo proceso de eleccións sindicais na nosa empresa para ampliar o número de membros do Comité de Empresa.

Actualmente o Comité está composto por oito persoas e, como xa somos máis de 500 traballadores e traballadoras, correspóndenos un comité de 17 membros, polo que nas vindeiras eleccións elixiranse nove persoas máis.

Con este motivo dende a CIG invitámosvos a acudir a unha asemblea na que vos informaremos de todo o proceso electoral.

Así mesmo tamén decidiremos os candidatos e candidatas que nos representarán na lista da CIG nas eleccións.

A cita para a asemblea é:

Data: sábado, 1 de decembro
Hora: 11:00 a.m.
Lugar: local da CIG en Vigo (Avda. Gregorio Espino, 47 - entrechán; xusto na rotonda)

Se queredes contactar con nós podedes facelo a través da conta de correo: cigbosch@gmail.com, ou ben chamando ao 636355090 (preguntar por Laura).

Agradecémosvos de antemán a vosa valiosa presenza.